Somos un pobo con retranca.
Somos os que contestamos ás preguntas con outra interrogación máis.
Somos os do famoso "malo será", os do " petar na porta" ( frase que ultimamente repito ata a saciedade). Somos un pobo irmán,onde por moito que pretendamos evolucionar, seguimos coñecendo á xente como " a prima da noiva do amigo do fillo do teu dentista" ou " o fillo do profesor de Literatura do veciño da túa avóa".
Porque somos uns "festas" que no verán, nos vai moito máis ir a tódalas festas dos pobos máis pretos antes que á discoteca.
Porque cantamos ao fogar de Breogán cada vez que o licor café enchénos ata ver dobre, e a chuvia non nos asusta para saír, aínda que estea a caer o dioivo universal.
E se a chuvia endiañada o permite, e deixa saír ó sol, escapamos a nosas praias queridas, eses finos areais bañados de ondas xeadas.
E entre lusco e fusco, Galicia convértese no noso lugar, intentando mellorar cada día a duras penas a pobriña.
Pero a queremos, vaia se a queremos. Aínda os que non acostumamos a falar a súa lingua sentimos que entre as nosas cores, as mellores galas son as brancazuis.
Sí, Galicia somos todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario